• Inicio
  • Curso de Monitores de la Risa
  • Equipo
  • Curso Compostela
  • Curso Tenerife
  • Info Práctica
  • Contacto

Risas que  transforman o mundo

Risactiva é un proxecto que aposta pola RISOTERAPIA e a dinámica da risa desde un enfoque global e holístico, a través dun camiño directo ao corazón humano, onde estamos invitados a sentir, a expresar nun mundo de posibilidades e de creatividade.

“A vida é na súa totalidade unha gran broma cósmica. Non é algo serio, tómaa seriamente e perderala. Compréndea unicamente a través da risa” Osho

A risa e as súas prácticas son un gran antídoto contra os males deste tempo. Comprobouse cientificamente que a risa, a gargallada, elimina enfermidades e achéganos aceptación, relaxación, alegría, axudando a transformar a mente. Xa que cando rimos, liberamos gran parte de endorfinas, responsables da sensación de benestar.

Rirse é natural, é unha necesidade para manter o benestar físico e mental, unha fermosa porta para conseguir a relaxación, abrir a nosa capacidade de sentir, de amar, de chegar ao silencio, ao éxtase, á creatividade. A risa é Maxia, Alquimia e a mellor actitude fronte á vida, pero como calquera exercicio necesita ser practicado, canto máis rimos, máis fácil será provocar risa. Porque a rir apréndese.

A Risa pode ser un dos motores do cambio do século XXI na nosa sociedade, a través do humor comprometido, a risa consciente e a creación de círculos culturais que nos inviten a autogenerar espazos de autoría na nosa vida e na nosa contorna. Trátase de xerar un estado contento que nos permita valorar as pequenas cousas da vida.
Con tecnologĂ­a de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.